Información extraída de la web buracadasgrellas.es
A documentación sobre Teixeira e escasa en canto a datos xerais sobre a aldea . 1. O primeiro escrito que fala de Teixeira é a finais do século XIX. O
rematar a idade Media denominábase Coto de Teixeira , e pertencía a San
Julian de Samos, o que é hoxe o Mosteiro de Samos.
2. En 1551 tense constanza de que se lle deixou este coto aos Balboa, uns
Burgueses/Caciques da zona do Bierzo , que cobraban impostos ós
residentes, que logo lle venderon esta concesion o crego bacharel
Jerónimo Gil de Quiroga, pero só se limita a adquirir rendas
permanencendo a xurisdicción de Teixeira nas mans dos Balboa (Legado
da Casa de Vilarxoan, Incio).
3. En 1756 a través do Marques da Ensenada, que recorria as terras dos reis
para anotar o que posúian, sabemos os primeiros datos globais sobre o
que se adicaban as suas xentes, calidade dos montes, muiños en
funcionamento(8 emprazados entre os Muiños e a Campavella), cantinas,
pobres e unha descripción de cada casa e as suas posesións. Xa
emprazada a aldea no actual Teixeira, saen por exemplo nunha das casas
as vacas que tiña, ovellas e o pago dunha Tenreiro todos os anos ó
Mosteiro de Samos; asi como un pago por nacemento á Catedral de
Santiago.
4. 1859 , aparece un censo da Parroquia , a cal podedes ver nunha foto
nesta web.
5. 1956 , o Catastro antiguo , a parte de indicar o que poseía cada casa,
tamén saca a Primeira foto aerea sacada desde Avioneta, a cal tamén
podedes ver desde a web.
Tamén existen moitos datos particulares de cada casa, Nacementos, Defunións e
Matrimonios (1580-1930) no Archivo Diocesano do Obispado. Destes datos , sábese
que entre 1865-1880 morreron moitos nenos menores de idade , por consecuencia da
Virola. Ou que os enterramentos costaban nesa época 4 reais, e os que non os tivera ,
anotábano como enterrado sin sacramentos. Sorprendeume o feito de que cando nacía
unha nena , esta levaba os dous apelidos da nai e se era neno, levaba os dous do pai.
Podendo aparecer irmáns con apelidos totalmente distintos. Este detalle fai que sexa
máis difícil atopar os vinculos familiares.
Compre mencionar apelidos que hoxe non existen como De Castro, Rio, Cassanova…
É posible que exitan máis datos sobre o conxunto da Aldea. Eu estou convencido de que
no tumbo de Samos que se divide en dúas partes, aparece algo máis xa que eramos
posesión súa.
Na 1ª parte que vai dende o VII ao XIV non aparece nada da nosa
Teixeira .
Na 2ª parte , desde o XV en adiante seguramente fale de TAXARIA como a
nosa Teixeira que nos viu nacer.
Outra fonte de posible información é o Nomenclátor de Floridablanca de 1789.
Feito por Krrt
http://buracadasgrellas.es
buracadasgrellas@gmail.com